Accidente no Entroido de Couso

Luis1Parece que este ano a sorte non estaba do lado dos veciños de Couso, tras ter que pospoñer o Entroido do pasado domingo ao día de hoxe por forte vento e choiva, empezaron o día tamén pasado por auga. Nesta ocasión, como querían disfrutar da súa festa cos veciños despois de todo o traballo realizado durante os últimos meses para preparar o Entroido, decidiron saír igualmente a pesar do mal tempo.

Aínda que non tiveron a mesma afluencia de público que noutras edicións, houbo moita xente que acudiu á cita para poder disfrutar das súas coplas e atranques, pero a festa non pudo rematar peor, cando estaba preto de finalizar o alto dos xenerais, un dos cabaleiros foi tirado ao chan polo seu cabalo caéndolle este encima, polo que requiriu a atención dos servizos médicos que se desprazaron ata o campo para o seu traslado a un centro sanitario.

Moito ánimo Luis, esperamos a túa pronta recuperación.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada, ¡Especial Entroido!. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta