Este venres no Teatro Principal "Música Ligera"

IMG_4095Manuel Manquiña e Tony Lomba estrean na Estrada!

Tony Lomba e Manuel Manquiña uníronse nun espectáculo musical para (re)inventar o underground e invitarnos a viaxar pola España dos anos setenta, un país namorado das suecas, de Benidorm e da música melódica.

A banda sonora de MÚSICA LIGERA está composta por cancións que xa son eternas e que marcaron a toda unha xeración. De Sam Cooke a Nino Bravo e das Vegas a Benidorm. Pero este é tamén un musical con argumento e personaxes. Unha historia de éxitos e fracasos que será narrada co estilo iconoclasta e salvaxe de Manuel Manquiña. 

Tony Lomba é o crooner más xenuíno e persoal que teña pisado os escenarios galegos. Pola súa banda, Manuel Manquiña é un cómico punk, un conservador furioso incapaz de non converter unha verdade nunha barbaridade.

Agora están xuntos e queren contarnos as súas vidas. Se vostede é amante da música e non lle dá medo a verdade, debería escoitalos.

IMG_4108Chegou a hora. Levades esperando demasiado os que queriades este cocktail de enxeño, mestría, loucura e arte sen cortapisas. A fórmula xa está creada e funcionou con éxito. Estas bestas uniron os seus destinos e vanvos facer disfrutar como nunca antes teñades disfrutado…

O espectáculo, que se estreará na Estrada o vindeiro venres día 22, terá un custe por entrada de 8€ (venda anticipada no departamento de Cultura do Concello) e 10€ na billeteira do teatro. A hora de inicio do espectáculo é ás 21.00 h.

Espectáculo recomendado para maiores de 18 anos!!!

Redacción: Concellería de Cultura de A Estrada

Gravación e Fotografía: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta