A Escola Municipal de Artes Escénicas oferta 3 novas prazas para nenos entre 6 e 9 anos

teatro1
Malia ter cuberta a totalidade das prazas ofertadas nos grupos Xuvenil 1 (20) Xuvenil 2 (20) e Adultos (18), a Escola Municipal de Artes Escénicas oferta *TRES NOVAS PRAZAS* no seu grupo infantil ata o xoves 31 de outubro.

O Grupo infantil, integrado por nenos que abranguen dende os 6 ata os 9 anos, terá as súas clases os xoves de 17.30 a 19.15 h. no Teatro Principal.

A profesora, Berta Secall, catalana licenciada polo Conservatorio Superior de Danza “María Ávila” de Madrid na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica, será quen comezará impartindo clase aos cativos, dirixindo a didáctica cara a expresión corporal e o movemento. Da súa man, os nenos porán en escena, ao longo do curso, unha obra musical baseada nun conto clásico.

As clases, que rematarán o vindeiro mes de xuño, terán un prezo por matrícula de 96,00 €; podendo realizarse o pagamento de maneira fragmentada.

Todos os interesados en matricular aos nenos, poderán facelo no número de teléfono 986573601 en horario de oficina.

Por outra banda, comentarvos que hoxe martes ás 20.00 hs terán continuidade as clases de monologuismo impartidas por Cándido Pazó aos alumnos do Grupo de adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas.

Redacción: Escola Municipal de Artes Escénicas

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta