A III Edición do Premio MOME de Teatro "Varela Buxán" recae en Santiago Cortegoso

IMG_5791

A pasada semana o xurado da III Edición do Premio MOME de Teatro «Varela Buxán» fallaba a favor da obra «Smoke on the water» de Santiago Cortegoso.

Así no lo facían saber o alcalde José López acompañado do xurado composto por Marta Pazos, Roberto Salgueiro, Xulio Lago e Xosé Lueiro, este último en calidade de secretario.

Segundo informa a acta, en opinión do xurado, os motivos da concesión do premio son so que se enumeran a continuación:

IMG_5779–         A excelente arquitectura da peza onde os personaxes aparecen conformados a partir dun complexo mundo interior.

–         Os diálogos están desenvolvidos con precisión e constitúen unha axustada reloxería dramática.

–         O rico universo temático que plantexa o autor a partir do concepto da dependencia, que pon en relación con ámbitos como a droga, o sexo, o amor, a enfermidade, as relacións familiares, os recursos económicos…; para realizar unha visión crítica do presente, poñéndoa en relación co fracaso dun idealismo pasado.

IMG_5815Santiago Cortegoso compaxina unha intensa carreira como actor e director de escena coa escrita de textos teatrais, varios deles publicados, estreados ou premiados tanto en idioma galego como en castelán. Os seus últimos traballos como autor son: Despois do sinal (finalista no Concurso de teatro radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega en 2013), Pequenos actos pseudorrevolucionarios (Premio María Casares 1012 a Mellor texto orixinal), Intercom baby (premio da audiencia do Concurso de teatro radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega en 2012), A filla de Woody Allen (finalista nos Premios Max 2011 a Mellor autor galego), El Charco de Ulises (becado en Iberescena 2010 e editado por Artezblai en 2012), 0,7% MOLOTOV (premio Rafael Dieste 2009, publicado pola Deputación da Coruña en 2010 e estreado por Teatro de Ningures en 2011) Homes… Mulleres: O Paraíso terreal (para Teatro de Ningures, 2010), Desmemoria-2 (para Disque Danza, 2009), Os Comicos dell`Auto (para Teatro de Ningures, nominado a mellor texto orixinal nos premios María Casares 2009), Hámster (seleccionado en Magalia 2008, publicado no nº60 da Revista Galega de Teatro e estreado na Sala Triángulo de Madrid en 2009), Casa O`Rei. Traxicomedia gastronómica (publicado en Ed. Morgante, 2010) e Visión Nocturna (2007).

En 2010, promove, xunto á actriz Marián Bañobre, o seu propio selo de produción: Ibuprofeno Teatro, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que poida integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena dos espectáculos. Esta aventura comeza cunha idea sobre a cal levaba tempo investigando e documentándose: A filla de Woody Allen (estreada en marzo de 2010). En novembro de 2012 estrea Pequenos actos pseudorrevolucionarios e en febreiro de 2013 o espectáculo de rúa Fitness.

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Acta Xurado e Currículo de Santiago Cortegoso: Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta