Presentan un programa para ensinar aos empresarios a mellorar a xestión do pequeno comercio

IMG_7273Na noite do luns o alcalde estradense, Xosé López, acompañado do concelleiro de Promoción económica, Óscar Durán, do director de proxectos da Fundación Incyde, Órcar Fraile, e de representantes da ACOE e da ACE, David Pedreira e Gonzalo Figueiras respectivamente, presentaron un curso destinado a empresarios para realizar unha mellor xestión do pequeno comercio có título “Programa de mellora de MicroPymes”.

IMG_7282O programa de 8 semanas de duración impartirase no edificio de usos múltiples sito na Avda. Benito Vigo n.º104 de A Estrada, sendo a inauguración o próximo 11 de novembro ás 20:30.

O Programa está dirixido a entre 20 e 25 persoas responsables da xestión dun Pequeno Comercio que queiran mellorar a rendibilidade do seu negocio, sendo o obxectivo principal a elaboración dun Plan Estratéxico que permita mellorar as capacidades comerciais das empresas participantes, así como avaliar outras alternativas de expansión e consolidación.

O Obxectivo xeral do programa é promover a mellora das oportunidades de negocio para os/as Propietarios/ás e/ou Xerentes de pequenos comercios a través dos seguintes obxectivos:

IMG_7302– Transmitir conceptos, técnicas e ferramentas específicas de  dirección en tempo de crise

– Diagnosticar problemas críticos por áreas funcionais

– Establecer prioridades e axuda á toma de decisións

– Fixar un calendario de posta en marcha de accións urxentes

– Fomentar a innovación, creatividade e responsabilidade social das empresas participantes no programa.

– Transmitir técnicas e ferramentas de xestión estratéxica, de xeneral aplicación no mundo empresarial.

– Facilitar a elaboración por cada empresa dun diagnóstico da súa situación actual e a elaboración do correspondente Plan de Consolidación ou Desenvolvemento.

– A implementación e/ou mellora dos negocios facendo énfase en novas técnicas de comercialización dos seus produtos ou servizos.

Cada semana dedicarase a unha das seguintes áreas:

IMG_7309Primeira semana: Revisión Xeral do comercio: presentación da Metodoloxía de Análise e Diagnóstico, cuestionarios de Diagnóstico Global, detección de Problemas Relevantes e oportunidades de negocio.

Segunda semana: Área Comercial e de Mercadotecnia: análise do posicionamento, Análise de Rendibilidade da Carteira de Produtos, avaliación e Diagnóstico da Área, Axustes para o mantemento de Marxes Brutas, revisión, se é o caso, do Plan de Mercadotecnia, recomendacións.

Terceira semana: Área de Novas Tecnoloxías da Información e Ferramentas Informáticas: plataformas de Información, Comercio electrónico con Provedores (B2B) e Clientes (B2C), innovación da área: Equipos e Aplicacións TIC alcanzables para PEME, posibles axudas institucionais.

Cuarta semana: Arquitectura de Interiores e Escaparatismo: análise do local, análise da distribución do espazo enfocada ao cliente, avaliación de luces, mobiliario e estrutura do local, elementos do escaparate, deseño de escaparates, composición e exposición de artigos, análise de escaparates de tempada.

Quinta semana: Área de Dirección de Proxectos: apoio e seguimento para a elaboración dos plans de mellora da competitividade, apoio e seguimento para a elaboración dun estudo básico de viabilidade e plan de negocio.

Sexta semana: Área Económica Financeira e Tributaria: avaliación e Diagnóstico da Área, axustes para o mantemento da liquidez e solvencia da empresa, revisión do Punto de Equilibrio e Coeficiente de Seguridade, revisión, se é o caso, dos Plans de investimento, negociación con Proveedores, negociación con Institucións Financeiras, revisión da Fiscalidade do comercio e do empresario, estratexia fiscal ante a crise.

Sétima semana: Merchandising, técnicas de Venda e venda Online: variedade de produtos, política de prezos, descontos, rebaixas, promocións, xestión de Stocks, viabilidade de proxectos de expansión ou remodelación comercial, satisfacción, fidelización do cliente e resolución de queixas.

Oitava semana, Toma de Decisións: Axustes finais e Toma de Decisións, establecemento de accións prioritarias urxentes, calendario de posta en marcha, recomendacións.

Todos os interesados poderán realizar a súa inscrición no concello de A Estrada (AEDL) ou a través do correo formacionincyde@depo.es.

Se houbese máis alumnos que prazas a selección dos proxectos máis viables lévaa a cabo o consultor de INCYDE o día da inauguración do programa formativo.

Redacción: Concellería de promoción económica

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Fotografía: Iria Eiras

 

 

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta