O Campionato de España de Mushing Terra celebrarase en A Estrada

IMG_7695A Estrada acollerá o Campionato de España de Mushing Terra que se celebrará o 30 de Novembro e 1 de Decembro, no entorno da Praia Fluvial do río Liñares.

A organización composta pola Federación Española de Deportes de Inverno e pola Asociación ACADE en colaboración co Concello de A Estrada, elixiron este enclave polo atractivo paixasístico do entorno e a boa condición as pistas, que xa acolleron o Campionato Galego o pasado ano.

Así no lo presentaron o edil de Deportes, Ismael Pena, acompañado de Roberto Salvado en representación de ACADE.

IMG_7573Roberto foi campión galego e de España en varias ocasións e, aínda que non se pode valorar o rendemento dos corredores e cans dun ano para outro, ve con boas expectativas aos participantes locais.

As probas disputaranse en cinco modalidades:

–          Canicross: Un corredor axudado por un can atado a cintura por medio dun arnés.

–          BikeJöring: En bicicleta axudado por un can.

–          Patín ou Scoter: Bicicleta sen cadea ou patín tirado por un ou dous cans.

–          Triciclo: Vehículo de 3 rodas tirado por 3 ou 4 cans.

–          Cart: Vehículo de 4 rodas tirado por 6 ou 8 cans.

Dossier informativo

Para máis información: www.asociacionacade.com e www.fgdi.es

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta