IGREXA DE SAN MIGUEL DE CURANTES, A ESTRADA.

001 copiaParroquia de A Estrada, San Miguel de Curantes, linda con Olives, Rubín, Lamas, Agar e Orazo. A súa igrexa luce un dos campanarios máis altos de todo o concello estradense.

As festas relixiosas de Curantes son as de Santo Antonio, no mes de xuño e as de San Miguel, en setembro.

002 copia 004 copia

Na parroquia de Curantes ténselle especial devoción á Virxe de Fátima, e no mes de maio celébrase novena e misa na súa honra. É de especial interese asistir o día 13 de maio a misa e a procesión que se celebra de noite. Na procesión sae a imaxe da Virxe, cuberta de flores e os devotos portan encendidas velas nas súas mans. Sendo esta procesión xa de noite, coa luz das velas, a beleza que alcanza esta celebración é suprema. Nun dos laterais a igrexa luce unha vidrieira adicada á Virxe de Fátima.

005 copia

Temos que sinalar que ó pé da igrexa de Curantes hai un busto adicado a Ramón Verea, o inventor da calculadora.

007 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

 

Esta entrada fue publicada en Igrexa, Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta