O INVENTOR DA CALCULADORA: RAMÓN VEREA.

008 copiaRamón Silvestre Verea Aguiar y García, (Curantes 11/12/1833- Bos Aires 06/02/1899), estradense de nacemento, xornalista, escritor e inventor. A él atribúeselle a invención da primeira máquina de calcular. Esa primeira máquina  pesaba aproximadamente 26 kg, e facía as catro operacións principais (sumar, restar, multiplicar e dividir) con cifras de ata 9 díxitos. Na época na que Ramón Verea creou a calculadora, a súa, era o aparato máis veloz que existía para realizar este tipo de traballos.

Ramón non se fixo con ningunha patente ou certificado onde quedase demostrado que él foi o inventor da calculadora (tan só quería amosar  que os galegos eran capaces de inventar, terreno que dominaban os estadounidenses). O seu invento senta as bases do que sería a historia da computación moderna. De feito, a súa máquina de calcular foi o precedente de futuras máquinas, que foron diseñadas a partir do prototipo de Verea. Hoxe en día, a máquina de calcular de Verea, está no depósito da sede central de IBM, en Nova York, formando parte dunha colección de aparatos pioneiros en materia de computación.

Tras unha vida de moitos traballos, éxitos e fracasos, adicado ao xornalismos ou a traducción, no ano 1895 é condenado ó exilio en Guatemala, por declararse en contra da monarquía. Anos máis tarde, consigue volver a Bos Aires, donde vive en nefastas condicións ata o ano 1899. Ramón Verea fina o día seis de febreiro, pobre e solo, sendo enterrado por caridade nun panteón anónimo do «CEMENTERIO DEL OESTE», na capital Arxentina.

007 copia

No ano 2009, con motivo dos máis de cen anos transcorridos dende o seu pasamento, na parroquia estradense de Curantes eríxese un busto: «Ramón Verea, inventor da calculadora, emigrante sobranceiro, escritor, xornalista e emprendedor galego, exemplo do espíritu emprendedor de Galicia».

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

 

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta