O PSdeG PSOE considera que entregar a xestión tributaria municipal á Deputación é un erro máis do alcalde que pagaremos todos os estradenses

IMG_8576A hipocresía do Alcalde: mentres fala de economía de guerra tira os cartos de todos para obter beneficio persoal  

“Ceder a xestión tributaria do Concello á Deputación é unha total e absoluta irresponsabilidade por parte do alcalde Sr. López Campos”, con esta rotundidade o grupo socialista da Estrada manifestou, unha vez máis, o seu desacordo con esta decisión “tomada xa polo Alcalde sen someter o asunto a consideración da comisión de Facenda nin do Pleno”.

Traspasar a total xestión tributaria ao ORAL implica a aplicación da  ordenanza fiscal da Deputación na súa totalidade. Isto é pagar por xestión, recadación, e inspección. Entre o 1% e o 4% do recadado –varían as % dependendo do imposto ou taxa- en concepto de xestión realizada, máis o 3% ou 4% por recadación, máis o 18% – 20% por inspección e a % de incremento por vía executiva. “Con datos do orzamento 2013, aplicando á xestión e recadación en voluntaria as porcentaxes estipuladas, así como as de inspección o concello entregará anualmente á Deputación 400.000,00€, que incluso se poden ver incrementados pola % de vía executiva”

Para o imposto anual de vehículos, sobre o total recadado o concello deberá entregar á Deputación: Para as taxas, sobre o total recadado o concello deberá entregar á Deputación:
– Por xestión: 1,5 % – Por xestión: 2,5 %
– Por recadación en período voluntario: 3,80 % – Por recadación en período voluntario: 3 %
– Por vía executiva: o importe das recargas que corresponda en cada caso (5% ou 10%) – Por vía executiva: o importe das recargas que corresponda en cada caso (5% ou 10%)
– Por inspección: 18 % – Por inspección: 20 %

Renunciar á xestión tributaria implicará condicionar a capacidade económica do concello en tódolos orzamentos futuros, non só pola importante cantidade neta a entregar, senón tamén con respecto aos prazos e á dispoñibilidade de fondos para facer fronte aos gastos e inversións municipais.

“O único que pode explicar que o Alcalde e o Concelleiro de Facenda se mostren tan encantados de regalar anualmente ás arcas da Deputación máis do que se destina á dependencia e a mantemento de vías públicas, ou á escola infantil municipal, é a súa ambición persoal, pois racionalmente resulta incomprensible”, declarou a portavoz socialista. “Ao mesmo tempo, parece que dende a Alcaldía se considera que os cidadáns son tontos, pois preténdese xustificar tal ignominia  con mentiras”

No que vai de lexislatura os estradenses temos visto como o Sr. López Campos despilfarra unha é outra vez os cartos de todos os estradenses. A pesares da situación económica tan difícil para as familias non dubidou en subir o IBI un 140 %, para gastar o recadado nun campo de fútbol innecesario totalmente para A Estrada, vanglorianse, unha e outra vez, da súa fazaña contra os estradenses en fotos de autobombo xunto co Sr. Louzán paseando polo dito campo de fútbol. Non contento con estas “xestións”, agora  emprega os cartos de todos para enviar unha misiva, a todo color, ás casas dos veciños para autoplubicitarse, posto que dito dispendio económico non se xustifica nin por interese dos veciños nin do Concello. “Mentres di que é necesario aplicar unha ‘economía de guerra’ tira os cartos de todos en anuncios na prensa, vallas publicitarias, pancartas e cartas de propaganda partidista. Se isto é o que entendo o Sr. López Campos por xestión eficiente é mellor que retome os estudios e deixe a tarefa de alcalde, xa que semella non estar preparado para elo”.

Os socialistas, quixeron aproveitar para puntualizar as declaracións que dende o goberno se teñen realizado ao respecto deste asunto nos últimos días.

O Concello da Estrada ten capacidade para asumir e realizar a xestión tributaria, pois o departamento de tesourería, no que se atopa o servizo de recadación conta con técnicos e persoal capacitado para tales funcións, o único que debe facer o Alcalde e o seu xefe de persoal e recompoñer a estrutura de persoal municipal, ou se o prefire negociar a RPT –que parece que dende que López é alcalde se esqueceu de este tema que tanto o preocupaba e ocupaba cando facía oposición ao anterior goberno. Ademais, a propia lei permite reforzar estas labores con novo persoal, se o alcalde o considera necesario. Resultan unha auténtica falta de respecto do Sr. López Campos as declaracións que está realizar con respecto ao persoal municipal.

Non é certo que o Concello non sexa quen de asumir as súas responsabilidades nesta materia, pois os propios informes feitos públicos polo goberno falan dunha recadación do 90 %, que se incrementa por vía executiva. Sendo outra mentira do Sr. López Campos que non se estea a actuar por esta vía, pois foi el mesmo quen asinou un convenio ao efecto.

Suporá un incumprimento da lei, pois aquelas persoas que domiciliaron os seu recibos de pago dos distintos impostos realizaron esta concesión ao Concello, non a outra administración distinta.

Dicir que o Concello gasta 40.000 € en Correos para o envío de recibo de impostos e taxa é unha mentira máis, remitíndonos aos datos ofrecidos polo Concelleiro de Facenda sobre domiciliación o gasto de todo o ano en envío aos domicilios non debería chegar nin ao 18 %. Gasto que ben se xustifica polo volume de recadación total que se acada en xestión directa. Non así se xustifica o envío de propaganda partidista que acaba de remitir aos veciños Alcalde en forma de carta valeira de autobombo.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta