Gañadores das entradas de "La Habitación Roja"

IMG_6657Xa temos os gañadores das 4 entradas para o concerto deste sábado de «La Habitación Roja».

Na noite de onte, coa colaboración do polifacético humorista Pablo Chichas, realizamos o sorteo do concurso das entradas para o concerto do grupo valenciano, La Habitación Roja. Empregando como sede do sorteo un dos extraordinarios comedores do restaurante Samaná, que amablemente nos cederon para que poidérades acudir os interesados no desenvolvemento da rifa, os gañadores foron os seguintes:IMG_6632

– Daniel Fernández

– Marcos Otero

– Mónica Vilarelle

– Carlos Antonio Torres

Durante o sorteo, tamén saíu premiada Patricia Otero, pero como as entradas que se sortean son individuais e xa gañara unha noutro concurso, volveuse sortear dita entrada. Os gañadores podedes recoller os tickets na billeteira do teatro antes do concerto presentado o DNI.

Parabéns aos gañadores e grazas por concursar a todos os participantes.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta