O alcalde entrega un novo vehículo a policía local e recoñece que o colectivo está mal pagado aínda que ve difícil unha solución a curto prazo coa lexislación vixente

IMG_9766Na mañá do xoves o rexedor estradense, Xosé López, facía entrega dun novo vehículo á policía local de A Estrada, que recollía o xefe do corpo, Xosé Luis Loureiro.

Durante a entrega o alcalde anunciou nos próximos meses se realizará a adquisición de outro vehículo para este corpo que conta con 5 coches moi antigos e con moitos quilómetros. Estos novos coches provocaran a baixa de dous que estaban utilizando en moi malas condicións.

IMG_9682López tamén lamentou o situación salarial do colectivo, que recoñeceu que estaba moi mal pagado respecto a outros concellos da mesma categoría, pero aínda que barallan realizar unha RPT, Relación de Postos de Traballo, está non podería arranxar os problemas salariais coa lexislación vixente.

Ademais da adquisición dun novo vehículo no 2014 os presupostos tamén contemplan melloras na unidade e no vestiario por 20.000€ cada unha.

Redacción e fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta