Dendo o cumio do Monte do Faro hai un infinito mirador natural que abarca as comarcas de Chatada e Rodeiro. Actua como liña divisoria xeografica das provincias de Lugo e Pontevedra. A súa altura é de 1181 metros sobre o nivel do mar.
Nunha parte máis baixa está o campo da festa. No centro del atopámonos coa ermida da Virxe do Faro. Aínda que se presume que no lugar houbo outras construccións para cultos paganos o edificio actual data da segunda metade do século XVII. É unha ermida de cruz latina, con cuberta de madeira e teito a duas augas. Dentro un interesantísimo retablo neoclásico obra de Tomás Figueroa Rodriguez.
Tamén hai un espectacular cruceiro que escenifica a crucifixión de Xesucristo e unha especie de dolmen conmemorativo adicado ao trovador Xohan de Requeixo. Un vía crucis complementa este completo campo da festa; a verbena celebrase no día oito de setembro cando se sube a imaxe da Virxe dende a igrexa de Santiago de Requeixo ate a ermida polo camiño do vía crucis.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.