O Vasán Cubik Seguros finaliza a primeira volta quinto na clasificación

A Estrada FutsalFinalizou a primeira volta para o Vasán Cubik Seguros cunha vagaxe moi positiva. Quintos na clasificación a 3 puntos do terceiro clasificado, a 7 puntos do segundo e 9 do primeiro. Ademáis seguimos sendo o equipo máis goleador con 63 goles a favor e o terceiro mellor rexistro na diferencia de goles, con 15 de superavit.

Visitar o Coto Ferreiro é un talón de Aquiles para todos os equipos da categoría, sendo conscintes que se encontran cun gran equipo, moi bo técnica e tácticamente da man de Jáncar, e cun ambiente espectacular nas gradas. O Vasán Cubik Seguros estase a consolidar como un dos 3 mellores equipos da liga e como un candidato ao título, có permiso do Leis, que lidera de forma impecable ata o memento.

O Vasán Cubik camiña cos pés na terra, mantendo o obxectivo que se propoñía ao inicio da campaña, manter a categoría cun bloque de xogadores 90% estradense.

O mes de Xaneiro é clave para ver ata donde se pode chegar esta tempada, tendo en conta que na próxima xornada o Pazos de Borbén visita o Coto Ferreiro, e ocupa o 4º posto na clasificación a tan só 1 punto, e o Santiago Futsal B visita a cancha do Burela.

Na seguinte xornada, o día 25 de Xaneiro o Vasán Cubik visitará Santa Isabel para enfrontarse ao Santiago Futsal B, que na actualidade ocupa a 3ª posición a 3 puntos do Vasán Cubik Seguros.

O equipo necesita máis que nunca o apoio dos afeccionados, por iso fai un chamamento a que os estradenses se acheguen o próximo sábado ao Coto Ferreiro para animar ao equipo a conseguir unha importante vitoria ante o Pazos de Borbén, rival directo nos postos altos da clasificación.

IMG_2534A directiva repartirá invitacións nos colexios e institutos para convidar aos nenos, nenas, mozos e mozas de A Estrada a asistir ao Coto Ferreiro a animar ao seu equipo e presenciar un bonito partido de fútbol sala.

Noutro orde de cousas, a directiva do Vasán Cubik Seguros está comezando a traballar na creación de equipos de categorías base para a próxima tempada. Neste sentido estase mantendo contacto con algún colectivo interesado en colaborar e comezarase a traballar nunha campaña de captación de nenos e mozos para xogar fútbol sala.

Tratase de fomentar o fútbol sala entre os máis novos e crear unha base de xogadores que nun fututo poidan xogar no primeiro equipo e manter vivo a Estrada Futsal.

Mañá retomarase, despois do parón de Nadal, o reparto da Edición número 8 da publicación propia «6 en xogo» por todos os comercios de A Estrada.

Redacción: Vasán Cubik Seguros / Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta