FERVENZA DE CADARNOXO, BOIRO

IMG_0110En Boiro, en plena Serra do Barbanza, un afluente do río Coroño, baixa do Irote, en caída libre formando a magnifica Fervenza de Cadarnoxo, para unirse ao río e desembocar no mar que está a pouco máis de 6 kilometros. Para chegar a esta fermosa paraxe, tomaremos a saída de Boiro que nos leva cara Noia e chegaremos ate o lugar de Moimenta. Nunha pista, a esquerda, asfaltada, desviámonos cara o interior da Serra do Barbanza e aproximadamente a medio kilometro atoparemos outro desvio a esquerda, que tras circular por el 1 kilometro nos deixa xusto antes da ponte que atravesa o regato que forma a Fervenza. A man dereita desta ponte, a ferveza cae maxestuosa para deleitar os nosos sentidos.

IMG_0101_fhdr

IMG_0126_fhdr copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Compárteo!

Deja un comentario