O BNG denuncia que "o alcalde parapétase na escusa permanente para non buscar solucións aos problemas da Estrada"

Magariños no plenoLópez é tan responsábel como Ramón Campos ou Feijóo por dilapidar miles de euros nunha infraestrutura inútil para os vehículos pesados

Xosé Magariños, concelleiro do BNG, respondeu as palabras do alcalde sobre o enlace da AP-53 no Alto da Rocha, afirmando que “no único no que coincide co alcalde é en que é unha chapuza; polo demais”, engadiu Magariños”unha chapuza que se fixo durante un goberno municipal do PP, no que el era concelleiro, e nunha administración da Xunta gobernada tamén polo PP, e na que Feijóo era o seu conselleiro de infraestruturas”.

“Daquela,” explicou Magariños “se é unha chapuza, cousa na que coincido, o alcalde é tan responsábel como ex-alcalde Ramón Campos ou como Feijóo, que dilapidaron miles de euros nunha infraestrutura inútil para os vehículos pesados”.

O portavoz municipal do BNG entende que “solución técnica ten que habela; o alcalde non pode escudarse na escusa permanente para non solucionar os problemas que hai no noso concello, sexa este enlace ou sexa a Variante ou a Cidade do Móbel, das que non se sabe nada en absoluto, por citar dúas das múltiples necesidades da Estrada”.

“Porén”, explicou Magariños, “o alcalde prefire non molestar aos seus compañeiros de partido para pedir unha mellora substancial do único acceso con que conta A Estrada a unha vía de alta capacidade e que non pode ser utilizada por camións de gran tonelaxe”.

Redacción: BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta