O Vasán Cubik Seguros presenta unha nova incorporación ao seu plantel

DSC_0004José Ramón Lagos, xogador estradense de 27 anos que militou nos equipos de fútbol sala antecesores a este proxecto (Hormigones Teucro e Pastelería Mimela), ven a reforzr o plantel dirixido por Juankar e a aportar o seu grao de area.

Como características principais salenta a súa corpulencia, que lle permite derenrolar un contundente xogo de costas na súa demarcación de pivot.

Dende a directiva continúase na liña de conformar un equipo da Estrada e para A Estrada, polo que é unha honra incorporar xogadores estradenses como José Ramón, con gañas de xogar no equipo do seu pobo, destacando que estamos a falar dun amigo do equipo, que leva adestrando numerosas ocasións có plantel dende a pretempada e que se desprazará dende A Coruña, lugar de residencia, para adestrar cada semana.

A directiva do Vasán Cubik Seguros informa de que ven de pechar tamén a fichaxe de Charly, procedente do Noia F.S. (2ª División B), que será presentado a noite do mércores.

Fotografía e redacción: Vasán Cubik Seguros

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta