SANTUARIO RELIXIOSO DE ABADES, SILLEDA, PONTEVEDRA

IMG_4916 copiaAbades posee un magnifico conxunto arquitectónico formado por: a actual igrexa parroquial de  Nosa Señora dos Desamparados, a igrexa de Sta María (unha pequena construcción de orixe románico), a casa rectoral e un cruceiro.

De todo este conxunto relixioso temos que destacar o impoñente santuario da Nosa Señora dos Desamparados, de estilo neoclásico e datado de século XVIII. Foi construído por Melchor Ricoy, grazas o impulso do párroco D. Joaquín Espes e a aportación dos fieles marianos. A grandiosidade desta obra, incorpora un novo estilo aos que xa había dentro da comarca.

 

IMG_4920 copia IMG_4929 copia

IMG_4951 copia

Da igrexa destacaremos a cúpula de tres corpos, rematada en capitel, cunha balconada. Mención especial as pinturas murais de Jorge Calvo datadas de 1733 e as imaxes de San Xaquín e San Xosé, obras do escultor compostelano Gambino.

IMG_4972 copia

Deixando aun lado o enorme santuario, e ao seu carón, atopamos unha igrexa, moito máis pequena, pero moi especial. Data do século XII e ten un enorme interes histórico-artístico debido as pinturas murais que se conservan no seu interior e a unha curiosa colección de canzorros zoomórficos nun lateral exterior.

Para os amantes da arquitectura relixíosa, visitar o conxunto relixioso de Abades fainos ver os grandes constrastes entre as duas construcións máis importantes que o conforman e ademáis disfrutaremos de ambolos dous estilos constructivos nuns poucos metros.

IMG_4982 copia

IMG_5015 copia IMG_4996 copia IMG_4989 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Igrexa, Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta