O Vasán Cubik Seguros presenta a fichaxe de Carlos Fernández Carpintero "Charly"

DSC_0003O xogador madrileño, residente en A Estrada, pobo ao que se encontra vinculado dende a súa fichaxe polo Galisec xa que a coñeceu a súa moza nesta vila, incorpórase a plantilla dirixida por Juankar para reforzar un equipo que está a dar a sorpresa na 3ª división nacional, colocándose 3º na clasificación no primeiro ano de historia do clube.

Estamos a falar dun importante reforzó e dunha garantía en ataque. Ocupa a demarcación de Ala, caracterizándose por ser un xogador moi desequilibrante e cn moito olfato goleador.

Procede do Noia F.S. de 2ª División B, e xogou en equipos como Galisec (2ª División B), A Estrada F.S. (2ª División B, conseguindo o ascenso a 2ª en dúas ocasións) e Carballiño F.S. (2ª División B).

Cumple o perfil de ser un xogador estradense, e está chamado a imprimir a plantilla un plus de calidade moi grande, xa que Charly leva demostrado que é un grandísimo xogador de futbol sala.

Dende a directiva agradecen a boa disposición que o xogador mostrou en todo momento, e a predisposición desinteresada que Charly trasmitiu ao clube dende a recente desvinculación co Noia F.S., xa que sempre insistiu en, que si resolvía o seu futuro laboral cerca de A Estrada, estaba disposto a xogar no Vasán Cubik Seguros.

Esta fichaxe e das que fan afición, xa que os 12 +1  xogadores que conforman agora a plantilla, poseen una calidade digna de disfrutar cada sábado.

Redacción e fotografía: Vasán Cubik Seguros

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta