Adxudicada a Covsa en 1,4 millóns de euros as obras de mellora do trazado e da seguridade viaria da estrada Callobre-Balboa

IMG_8484Once empresas presentaron as súas ofertas para optar á mellora desta estrada.

Trátase dunha vía estratéxica que vertebra o Concello de A Estrada, comunicando a N-525 e N-640

A Deputación de Pontevedra adxudicou a mañá do xoves en Xunta de Goberno as obras da estrada provincial EP 7017 no treito comprendido entre Callobre e Balboa, no concello da Estrada.

As obras foron adxudicadas á empresa Construcións, Obras e Viaias (COVSA) por un importe de 1,4 millóns. Tal e como sinalou o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, foron 11 as empresas que presentaron as súas propostas IMG_8510para a execución das obras, cunha baixa media no orzamento de licitación (que ascendía a 1,7 millóns de euros) de 17,4%.

A obra afectará a un treito de 8,8 quilómetros e terá características similares a unha estrada nacional, dado que se trata dunha vía estratéxica –a máis relevante tras a autoestrada– xa que vertebra todo o Concello de A Estrada e comunica dúas estradas nacionais (n-525 e N-640).

A vía presenta unha elevada intensidade de tráfico e pasa por varias das principais parroquias do concello, como Callobre, Moreira ou Oca.

Redacción: Deputación de Pontevedra / Fotografía: Patricia Figueiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta