CANGAS DE FOZ- LUGO

005 052 copiaA igrexa de Cangas de Foz, construída no século XVII, consta de tres naves separadas por arcos de medio punto, na cal o retablo maior é barroco e o lateral é de estilo rococó. No seu interior alberga unha imaxe da Virxe co Neno datada do século XVI. Esta actual construcción ubicase sobre a antiga Igrexa de San Pedro de Cangas, do século XII, erguida sobre un antigo asentamento

castrexo. Ubicada sobre un escarpado acantilado arcilloso e de cantos rodados, a erosión do vento e da auga fan que sexan victimas de numerosos desprendementos, dando a sensación de que calquera día parte da igrexa ira a repousar ao fondo do mar.

005 064 copia005 076 copia

A consecuencia dun desprendemento e en plenas obras, uns traballadores descubriron sepulturas, o que nos fai pensar que antigamente houbo unha necrópole. Acharonse tamén cerámicas e vasixas etruscas. Resaltaremos que apareceron  craneos e osos humanos de gran tamaño polo que as lendas que arrodean esta igrexa contan que antigamente a zona estivo poblada por xigantes. Non moito tempo tardou a lenda en extenderse por outras zonas apoiando así a teoría de que en Foz existía unha raza de Xigantes Celtas. En Galicia, as lendas son moi comúns e supoñemos que teran a súa parte de verdade e a súa parte de fantasía.

005 063 copia 005 057 copia

 

O que sí é certo e que ao carón da igrexa está ubicada unha antiga casa rectoral e o ceminterio, logo dos cales trancurre un fermoso paseo a carón dos escarpados acantilados donde o Mar Cantabrico golpea as súas augas.

005 087 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Igrexa, Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta