Os socialistas piden ao goberno municipal que se comprometa a distribuír en condicións de igualdade e transparencia entre os veciños os discos de zona azul

IMG_8096

A administración local debe garantir que a cidadanía poida cumprir ca obriga cidadá imposta 

O grupo municipal socialista pide ao goberno municipal da Estrada que se comprometa nun acordo plenario a realizar unha distribución en condicións de igualdade para todos os veciños dos distintivos obrigatorios de uso para aparcar nas rúas céntricas da vila nas que se imporá o estacionamento limitado.

“Os socialistas seguimos a considerar que a imposición de zonas de aparcamento restrinxido na Estrada, na situación actual de falta de zonas de estacionamento na nosa vila, non é a medida máis apropiada”, apuntou a portavoz socialista. “Non obstante, unha vez que unilateralmente o goberno municipal decidiu impoñer tal medida consideramos que o acceso a estas zonas restrinxidas débese producir en condicións de igualdade e transparencia”

IMG_8102Ante a ausencia de coñecemento polos veciños da Estrada dos criterios de distribución que se empregarán, o grupo socialista da Estrada solicitou aclaracións ao respecto durante a Mesa de Comercio celebrada esta semana. A resposta obtida foi que non se teñen establecido criterios de reparto nin sistema de rexistro de entrega dos mesmos, aludindo o Concelleiro ao que chamou boa fe dos cidadáns. Apuntando unha vez máis que o distintivo obrigatorio se poderá recoller en dependencias municipais e Asociacións colaboradoras, e mesmo incluso que algunhas entidades privadas, inda sen determinar, disporán dos citados distintivos para agasallar aos seus clientes.

Ante a falta de definición dos criterios a empregar na distribución dos distintivos obrigatorios, pode darse a situación de que unha mesma persoa obteña máis discos dos que precisa, mentres outros cidadáns carecen do obrigatorio distintivo. Mesmo incluso pode darse a incoherente situación de que por un reparto sen control ou incluso con certo abuso de amiguismo a administración non teña a disposición dos veciños discos mentres entidades privadas si os poden dispensar ao sector da cidadanía que merca nos seus establecementos, co agravante de que as zonas restrinxidas de estacionamento son solo público.

IMG_8118“Non se debe esquecer que o regulamento ditado para o uso destas zonas leva aparelladas sancións económicas, que prevén castigar a mala praxe cidadá. Xustificar agora a ausencia de criterios de distribución do distintivo obrigatorio de uso amparándose na boa fe dos veciños é unha incoherencia, ou acaso a mesma boa fe non a contemplaron ao establecer sancións de entre 60 e 80 por carecer do citado distintivo?”

Acordo plantexado para a súa aprobación en Pleno

Os socialistas plantexaron a adopción en pleno dun acordo polo que “se garanta a dispensación do distintivo necesario para poder estacionar nas rúas habilitadas como zonas de estacionamento limitado a todos os veciños que o soliciten, sendo facilitado pola propia administración municipal, e coidando que en ningún momento a administración se vexa privada de distintivos para a súa distribución en condicións de igualdade a toda a cidadanía, evitándose en todo momento que a entidades privadas poidan utilizar esta obrigación cidadá como vantaxe comparativa fronte ao servizo aos cidadáns prestado dende a Administración Local”.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Compárteo!

Deja un comentario