AS DUAS MARIAS- COMPOSTELA

IMG_0856 copiaAs Marías, As duas Marías ou,  As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago as irmás Maruxa (morta no 1986) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende hai anos nunha célebre escultura situada no parque da Alameda compostelana. As dúas irmás eran uns populares personaxes de Compostela polo feito de levar a cabo os seus paseos diarios pola zona monumental da cidade, durante as décadas dos cincuenta e sesenta, vestidas e maquilladas dun xeito moi estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o franquismo e as suas coloridas vestimentas.

A familia Fandiño Ricart estaba formada por once irmáns, fillos dun zapateiro da Rúa Espírito Santo, tres dos cales, tres mozos, estaban relacionados co anarquismo militando no CNT, ata o punto que un deles, Antonio, chegou a adquirir unha alta responsabilidade na organización durante a guerra. Un destes irmáns foi «asasinado» durante a guerra, e os outros dous fuxiron, pero finalmente foron descubertos e encarcerados. Para dar con estes irmáns fuxidos, crese que a policía torturou a Coralia e a Maruxa,  incluso unha delas foi violada no Pedroso.

Non está claro que  elas pertenceran ao movemento anarquista, pero si se cree que eran de esquerdas. O xornalista Raimundo García Domínguez,  mantivo que eran membros da CNT, coma os seus irmáns, e que mesmo levaran a cabo tarefas de enlace con sindicalistas fuxidos.

As dúas irmás, costureiras de oficio, caeron na pobreza logo de que os veciños da cidade deixaran de facer pedidos ao taller de costura que rexentaban, para que a policía non os vinculase a elas. Aínda así, a veciñanza de Santiago sentía moita simpatía por elas, e cando, ao rematar a guerra tiveron que vivir da caridade, quenes querían axudalas non lles daban a limosna directamente, senón que mercaban cousas para elas nos comercios da cidade. Tanto era o que a vila de Santiago e os seus veciños,  as axudou que se conta que  tras un vendaval que arrasou o teito da súa vivenda organizaron unha colecta para axudarlles a reparalo, xuntandose arredor de 250.000 pesetas da época.

Co paso dos anos, a historia das dúas irmás  foi caendo no esquencemento, ata que o veciño César Lombera no ano 1994 pidelle ao entón alcalde D. Xerardo Estévez, logo de nove anos propoñéndollo ao Concello,  que instalase unha  escultura na súa lembranza. A escultura, realizada polo propio César Lombera, é unha reprodución realista e policromada das dúas mulleres durante os seus famosos paseos baseada na foto máis coñecida de ámbalas dúas irmás, con Maruxa á dereita, co brazo extendido, e Coralia sostendo un paraugas. A obra foi situada na Alameda, lugar onde a día de hoxe permanece.

IMG_0839

Dende entón, a escultura é unha das máis coñecidas da cidade, tanto pola curiosidade que esperta entre os turistas coma por servir de punto de encontro para os composteláns. Aínda, a día de hoxe, moitos dos que foron estudantes nesa época recordan con cariño os comentarios sarcasticos que as Duas Marías lles facian cando se cruzaban con elas.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta