O XIRIMBAO.

XIRIMBAOMAIO12 637 copiaA ponte colgante de O Xirimbao, en Pontevea, A Coruña, é o atractivo principal dunha zona donde o río Ulla é o principal protagonista. Une o concello de A Estrada (Pontevedra) coa provincia de A Coruña, por Pontevea. Antiguamente usabase para cruzalo río Ulla e como dato histórico sinalaremos que foi o lugar donde Franco pescaba salmóns.
Aínda que hoxe en día é lugar de paso para os pescadores, cruzar a ponte colgante convirtese en toda unha aventura para aqueles amantes do risco.
Dispón dunha pasarela metálica é está atirantado, pero a súa pouca estabilidade conxugada coa súa altura non é apta para todos os corpos.
XIRIMBAOMAIO12 634 copia XIRIMBAOMAIO12 731 copia
Disfrutaremos  do entorno aínda que non nos decidamos a cruzala ponte, xa que hai sendeiros colindantes polos que dar un bo paseo, polo tanto as distitas  posibilidades  de disfrutar do río Ulla  convirten este area nun lugar ideal para pasar unha tarde estival.
XIRIMBAOMAIO12 629 copia
XIRIMBAOMAIO12 420 copia XIRIMBAOMAIO12 550 copia
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.
Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta