*OUZANDE FAXION WEEK*
A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS…
*Sábado 1 de marzo 2014*
A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor OUZANDE FAXION WEEK percorrerá os lugares da parroquia. Non faltarán *as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral*.
Horario aproximado:
17:00 da tarde: saída do campo
17:10: O Tallo
18:00: O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Taberna
E como remate a partir das 19:30 da tarde, *merenda e gran festa de disfraces no local social*. Pase de modelos, PHOTOCALL DE FAMOSEO, DJ´S….. e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas.
NOTA IMPORTANTE: EN CASO DE CHUVIA, COMO INDICAN AS PREVISIÓNS, NON SE REALIZARÁ O PERCORRIDO EN TRACTOR POLA PARROQUIA. OS PARCICIPANTES PERMANECERÁN NO LOCAL QUE SERÁ ENGALANADO PARA A CELEBRACIÓN DO OUZANDE FAXION WEEK.