Esta tarde terá lugar o desfile e concurso de disfraces suspendio o luns por mor da choiva

img_6941Esta tarde ás 17:00 horas terá lugar o desfile e concurso de disfraces que se ía celebrar o pasado luns. O recorrido será o habitual partindo do campo da feira e rematando na praza do concello onde se coñecerá os gañadores do concurso.

E para finalizar o entroido no noso o concello o sábado será o turno da parroquia de Arnois que pola tarde celebrará os encontros de Xenerais do ulla.

img_6149Xa o domingo a vila acollerá o entroido tradicional aprazado o martes polo mal tempo, con desfile de carrozas e comparsas das parroquias e o encontro dos Xenerais do Ulla. Este ano ao cambiar o día, e coincidir coa celebración das feiras de oportunidades e antigüidades no noso municipio, o alto dos Xenerais terá lugar no recinto feiral en vez de na praza da feira como viña sendo habitual. Por mor deste cambio o recorrido do desfile será o seguinte: saída ás 16:00 horas da praza da feira, Porta do Sol, rúa Calvo Sotelo, Praza da Farola, rúa da Peregrina, América, Avda. de Santiago, rúa da Cultura e Fundación de Exposicións e Congresos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta