FARO TOURIÑAN, MUXIA, A CORUÑA.

 
002 copiaConstruído no ano 1898 para dirixir e orientar os barcos que transitaban pola perigosa Costa da Morte, a súa linterna que alumeaba con luces brancas, alcanzaba ata 20 millas. Aínda que se conserva o antigo edifício, o orixinal, no ano 1918 fixeronse refornas na linterna e douselle potencia para que a súa luz alcanzase o doble de intensidade en percorrido.

farotou2

No ano 1981, a carón do edificio orixinal levantouse un novo faro de tres metros de diámetro  cunha altura de 11 metros que destella cada quince segundos. O faro Touriñan está nun montículo que ten unha altura de 61 metros sobre o nivel do mar, un lugar abrupto e con moito matorral baixo. Sitúase en Muxía, concretamente no cabo Touriñan, un dos tres puntos máis occidentais da Península Ibérica.

farotou

Redacción e fotografía: Ana Requeijo

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta