Olaia Fdez. Davila pregunta a fomento se "desta vez o anuncio de licitación da variante de A Estrada se vai cumprir ou será outro anuncio electoral como sucedeu no pasado

logobngA deputada do BNG rexistrou unha batería de preguntas ao Ministerio para saber as datas concretas de inicio da execución dunha infraestrutura viaria necesaria e que leva anos en espera.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para preguntarlle ao Ministerio de Fomento en que data se vai licitar a variante da N-640, a variante de A Estrada, e se garantiza que se vai licitar neste ano esta esperada infraestrutura viaria.

A deputada do BNG explica que o proxecto de construción da variante de A Estrada leva anos no “limbo do inmaterial sen que se avance nin un ápice na súa realización”. Lembra que o BNG presentou numerosas iniciativas ao longo destes anos pero Fomento nunca pasou dos anuncios electorais.

Unha historia plagada de incumprimentos

Neste sentido, Davila teme que en pleno ano electoral “e a poucos meses da celebración das eleccións municipais de maio, anúnciase de novo a licitación das obras desa variante para o segundo semestre do ano. Outro anuncio máis na liña dos acostumados anuncios do Ministerio de Fomento, especialmente activo en período pre electoral e que agardamos que desta volta teña proxección futura”.

Así, sinala Olaia Fernández Davila que o Secretario Xeral de Infraestruturas mantivo unha xunta recentemente con membros da corporación local de A Estrada na que indicou que o Ministerio prevé licitar as obra no segundo semestre”. Máis as diversas vicisitudes polas que tivo que pasar este proxecto, provocaron que se teña que repetir o trámite da información pública da avaliación ambiental porque o que se fixo en 2009 superou a súa
vixencia de catro anos e debe adaptarse á nova normativa”.

A deputada do BNG pon de manifesto que nos Orzamentos para este ano, contémplase unha partida de 2,3 millóns. Unha das preguntas que formula a Fomento é se asegura a execución desta partida porque “a historia deste proxecto é unha historia plagada de boas palabras e caracterizada polos continuos incumprimentos. Por iso permanece sen executar a pesar do paso dos anos”.

Nesa liña, lembra que se trata dunha infraestrutura xestada hai xa 25 anos e que “resucitarse” cada vez que hai convocatorias electorais.

Razón pola que dirixe unha batería de preguntas ao Ministerio: “Vai Fomento a licitar as obras da variante de A Estrada neste ano? En que data e concreto? Garante o Ministerio que desta vez vai cumprir con total seguridade o anunciado e se van licitar as obras?”.

“Podemos confiar en que non se trate dun anuncio electoral que despois vai ser incumprido como sucedeu en reiteradas ocasións no pasado?”, inquire a deputada do BNG.

Redacción: BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta