O PSOE considera que non se pode desarrollar o PXOM sen solucionar o conflicto xurídico

mIMG_8849Na mañá de onte os socialistas estradenses, representados por Xosé Antonio Dono, Belén Louzao e Montse Maceiras, compareceron en rolda de prensa para facer valoración dos últimos anuncios do goberno local.

O líder do PSOE, Xosé Antonio Dono, asegura que o alcalde minte cando di que ten fondos para expropiar os terreos da alameda. Os mesmos terreo que pertencen aos veciños que teñen o PXOM no Supremo, motivo polo que cre «que no momento que se intente esa expropiación o único que vai conseguir o alcalde é outro pleito». Para que esto non suceda «o primeiro que hai que facer có PXOM antes de desarrollar nada é solucionar o conflicto xurídico», engade.

«Primeiro atraer empresas e emprego e logo a diversión»

En canto a recente polémica de se sería mellor unha gran zona verde ou varias máis pequenas e repartidas, os socialistas cren que con un reparto en varias zonas verdes se pode chegar e beneficiar a un maior número de veciños. De todos os xeitos Dono cre que «nestes momentos difíciles non é momento de zonas verdes, en canto se solucione o problema xurídico có plan, o primeiro sería desenrolar solo industrial público».

mIMG_8924O lider socialista tamén entrou a valorar a recente nova da futura licitación da gardería con fondos FEDER, fondos que asegura que aínda non están asignados. Demanda que o alcalde continúa coas re-promesas de «cousas que non se fixeron e son absolutamente necesarias, pero que se podían haber feito e non se fixeron».

Para rematar Dono denuncia o abandono do rural por parte do goberno local, a quen recorda que esta poboación corresponde con máis do 60% dos estradenses, e parece que vai seguir esa liña xa que «todas as propostas son para o casco urbano».

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta