López reitera que a ampliación da alameda é "unha realidade" e dille a Dono que "pasóuselle o arroz"

02Destaca que «hai cartos para levala a cabo» pola «boa xestión económica do goberno» e e lembra que «se fora por Dono agora mesmo habería edificios nesas parcelas e facturas sen pagar nos caixóns»

O candidato popular acusa ao socialista de «pretender que os estradenses paguen politicamente as súas frustracións persoais por perder as eleccións en 2011»

«A lamentable estratexia de oposición de Dono foi estar tres anos coma o boneco Wally, perdido non se sabe onde, e vir agora a criticar, mentir e difamar, pero a xente lémbrase do que fixo e do que non cando era alcalde», sostén López O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López, replica ás afirmacións do candidato socialista sobre a ampliación da alameda asegurando que «non é unha promesa, senón unha realidade» porque «hai cartos para levar a cabo as expropiacións grazas á boa xestión económica deste grupo de goberno».

«Se fora por Dono xa sabemos que agora mesmo non se podería facer a ampliación por dous motivos: o primeiro é que xa habería edificios construídos nesas parcelas e o segundo é que non habería cartos e si facturas sen pagar nos caixóns, que foi a herdanza que nos deixou a este goberno e a todo o pobo da Estrada», manifesta José López.

01Por estes motivos, José López asegura sentirse «canso dos ataques reiterados, das falsedades a sabendas e da lamentable estratexia de oposición» de Dono, que «non aportou nin unha soa idea en positivo en todo o mandato e estivo tres anos coma o boneco Wally, perdido non se sabe onde, e que agora vén criticar, mentir e difamar e incluso pretende dar leccións, pero a xente lémbrase perfectamente do que fixo e do que non cando era alcalde». O candidato popular considera que o Partido Popular da Estrada Juan Constenla – 636 24 47 25 seu comportante «irrespetuoso no institucional e faltón no persoal» amosa que «a Dono pasóuselle o arroz da política» e só «pretende que os estradenses paguen politicamente as súas frustracións persoais por perder as eleccións en 2011».

«Mentres el andaba desaparecido, outros estabamos aquí, ao pé do cañón, traballando para solucionar a súa desfeita especialmente no eido económico, a pesares de que lle choveron de arriba 14 millóns de euros que dilapidou. Por iso hai que ter a cara moi dura para pretender agora sentar cátedra nesta materia, cando o que deixou foi pufos e facturas sen pagar», conclúe López.

Solo industrial

Respecto á creación de solo industrial, López lémbralle a Dono que «o PXOM impulsado e aprobado por este goberno contempla a creación de máis de 550.000 metros cadrados en ampliacións públicas do polígono de Toedo e 382.000 metros cadrados máis en Lagartóns». Ao respecto, sinala que actualmente, polas circunstancias do mercado, «non existe unha gran demanda e mesmo a ampliación privada de Toedo atópase á venda en prezos que poden considerarse atractivos para potenciais empresas interesadas».

PPdeG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta