A Estrada Pode súmase á manifestación da Organización de Produtores de Leite

IMG-20150406-WA0002Esta mañán vari@s integrantes de A Estrada PODE participaron na manifestación convocada por OPL, Organización de Produtores de Leite para sumarse ás reivindicacións d@s produtores e produtoras de leite.

Ás 12 h do mediodía, OPL convocaba os gandeiros e as gandeiras galeg@s a unha manifestación para amosar o descontento coa xesión da crisis de prezos do leite que se está a padecer.

IMG-20150406-WA0005A este respecto, A Estrada PODE quixo sumarse ás reivindicacións e visibilizar os perxuizos que seguen a padecer @s grandes daminificados en canto a política e solicitar á Xunta de Galicia que interceda en defensa do sector Lácteo toda vez que esta situación damnifica notoriamente tanto a gandeir@s coma a empresas de servizos auxiliares ó campo e a @s propi@s gandeir@s.

Estamos nun intre tremendamente delicado para o sector, no que compre denunciar o expolio patrimonial das cuotas e a desinformación á que se ven sometendo o sector coa supertaxa e as actuáis imposicións da industria. É preciso un sector forte e blidado ante os abusos das administracións, industria e distribución, toda vez que a actual situación de imposición de contratos levará a situación á bancarrota.

IMG-20150406-WA0004Compre, asi mesmo, unha negociación colectiva sobre a leite e pactar volúmenes e prezo ante a campaza que ven de comezar, toda vez que se trata da primeira liberalizada de cuotas marcadass pola UE. A Xunta de Galicia e a Industria láctea, ante a súa pasividade, impiden un avance real a este respecto.

A Estrada Pode

Esta entrada fue publicada en Agrogandeiros, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta