A 4ª Feira de Labores e o 3º Encontro de Palilleiras do recinto feiral estradense vese respaldado por institucións i empresas españolas do sector textil

Feira oportunidades
Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Pontevedra, Concello de A Estrada, Turismo Rías Baixas, Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño, Axencia de Turismo de Galicia e AUSLAE, patrocinan o certame do recinto feiral estradense.

Diversas empresas privadas e fabricantes do sector textil español, únense ao patrocinio institucional: Hilogar Peña Sociedad Textil, Dollfus Mieg, Textil Juan Moragas, Manos Maravillosas, Alternativas Publicitarias, Compañía Sales Work Ibérica, Coats, Salvador Figueiras, Bordelay, Creaciones y Distribuciones Textiles Texper, e Gütterman.

cartel feira de labores 2015dCoas aportacións dos colaboradores e patrocinadores, confeccionaránse máis dun centenar de lotes promocionais que se sortearan gratuitamente entre as participantes no 3º Encontro de Palilleiras.

A data de hoxe, ainda sen pechar a inscripción no Encontro, xa se contabilizan unha treintena de Asociacións e colectivos galegos que participaran no mesmo.

Actualmente hai xa máis de duascentas palilleiras inscritas para o domingo, día dez de maio.

Coa presente edición, o recinto feiral estradense celebrará a 4ª edición da Feira de Labores, a 3ª do Encontro de Palilleiras e a 47ª Edición da súa consolidada e tradicional feira de Antigüidades e Artesanía. Ambos certames , celebraránse os próximos días nove e dez de maio, en horario ininterrumpido de dez a vinte horas, rexistrando entrado gratuita para todos os visitantes.

Ás aportacións e colaboradores, realizáronse en especie o que, permite ao equipo organizativo realizar máis de cen lotes promocionais que serán sorteados entre todas as participantes ao 3º Encontro de Palilleiras, a celebrar o dez de Maio. Cada lote estará integrado por: Fíos, teas, agullas, texoiras, revistas de labores, las, libros, guías turísticas, cintas métricas,…

cartel 47 feria antiguedades 2015dO equipo organizativo, quere agradecer a dispoñibilidade e receptividade de todas as nosas firmas colaboradoras que unha edición máis volcáronse có certame.

A Feira de Labores conta nesta edición, cun total de cinco talleres monográficos; Encaixe, malla, frivolité, costura creativa e fiado tradicional. Os tres primeiros talleres, estarán impartidos por persoal calificado da firma local «El Taller de tus Labores», a impartición do de Costura creativa correrá a cargo de Aurora Rodil e o de fiado tradicional, será impartido pola Asociación Cabanas Rural. Para máis información a cerca destos talleres artesanais, poden acceder a nosa páxina web www.feiradomoble.com ou ben chamar ao teléfono 986573406

A data de hoxe e ainda pendente do peche de inscripción no 3º Encontro de Palilleiras, xa hai trinta Asociacións, colectivos e particulares, superando as duascentas participantes, chegadas dende as catro provincias galegas. Pola súa banda, as Asociacións locais de mulleres rurais de Codeseda, Arca, San Xurxo de Vea e San Miguel de Castro, igualmente secundaran coa súa presencia este Encontro.

O Encontro, estará complementado con máis de corenta firmas expositoras de venta directa vinculadas có mundo das labores, textil e artesanía e con máis de vinte de anticuarios maioritariamente procedentes de Galicia, resto de España e Portugal.

Este segundo certame do calendario feiral estradense 2015, abrirá ao público dous pavillóns con máis de 4.000 m2 de espazo expositivo.

Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta