19 concellos bañados polo Ulla consolidan o programa ‘Goza do Ulla’ para promocionar e potenciar o seu patrimonio natural

Ulla1Os 19 municipios das provincias de A Coruña, Lugo y Pontevedra lanzan a iniciativa que xa vai pola quinta edición e que aposta pola natureza como reclamo turístico

As 19 rutas programadas comenzan o último domingo de maio en Monterroso e rematan en Vila de Cruces o 25 de outubro

Os concellos propoñen poñer en marcha a medio prazo un gran ‘Roteiro Fluvial do Ulla’

Os 16 concellos bañados polo río Ulla presentan un ano máis o programa ‘Goza do Ulla’, unha iniciativa turística que pretende dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla. A presentación oficial tivo lugar onte no Concello de Monterroso, onde comenzará o programa de roteiros o domingo 31 de maio e rematará em Vila de Cruces o último fin de semana de outubro. Haberá un roteiro ou incluso dous cada fin de semana en cada un dos 19 concellos que forman a iniciativa e que son: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo.

Ulla2Ignacio Codesido, alcalde de Touro, un dos concellos impulsores deste proxecto, destaca que “desde Antas do Ulla, no seu nacemento, ata Rianxo coa súa chegada ao mar, pasando polos diferentes concellos, o Ulla amosa unha grandísima variedade de patrimonio natural, cultural e artística”. Os 19 concellos implicados nesta iniciativa de promoción do seu territorio teñen a intención a medio prazo de diseñar e poñer en marcha unha ruta de gran percorrido que poderia denominarse Gran Roteiro Fluvial do Ulla para poñer en valor toda a riqueza cultural, ecolóxica e etnográfica deste río, o segundo en relevancia de Galicia e que percorre tres províncias (Lugo, A Coruña e Pontevedra). Na presentación oficial que tivo lugar onte en Monterroso tamén foi presentado o libro de Henrique Neira ‘Lendario río Ulla. Viaxe desde a Ulloa ata á ría de Arousa’, e que fai referencia ao percorrido de ‘Goza do Ulla’.

O domingo 31 de maio comeza a primeira ruta no Concello Monterroso. As seguintes rutas serán: Antas do Ulla (17 de xuño); Boqueixón (20 de xuño); Agolada (18 de xullo); Arzúa (1 de agosto); Vedra (2 de agosto), Rianxo (29 de agosto); Touro (5 de setembro); Pontecesures (6 de setembro); Silleda (12 de setembro); Catoira (13 de setembro); A Estrada (20 de setembro); Palas de Rei (26 de setembro); Teo (27 de setembro); Padrón (3 de outubro); Santiso (10 de outubro); Dodro (17 de outubro); Valga (24 de outubro) e Vila de Cruces (25 de outubro).

A iniciativa xurdiu fai xa cinco anos e o ano pasado desenvolveuse con grande éxito. Con traballo dos 19 concellos e sen apenas custo promóvese un proxecto que pon en valor o noso território, vinculando municipios, bisbarras e provincias por riba dos intereses localistas ou partidistas.

Esta entrada fue publicada en Portada, Turismo. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta