Lagares de toda España estarán presentes na IV Feira da Sidra natural e ecolóxica de A Estrada

IMG-20150520-WA0007A Estrada volve a sentir os aromas e sabores das mellores sidras feitas  na comarca e noutras zonas sidreras de España.  Será na IV edición da Feira da Sidra Natural e Ecolóxica, que se celebrará o sábado 6 de xuño na Estrada, dende as 12.00 horas.

A cita, organizada pola Asociación Maceira e Sidra de A Estrada, conta coa colaboración do Concello da Estrada e Xunta de Galicia, ademáis de firmas como o Banco Sabadell e Maeloc.

A IV Feria da Sidra Natural e Ecolóxica de A Estrada, TERÁ LUGAR O SÁBADO 6 DE XUÑO DE 2015, NA PRAZA DO CONCELLO EN A ESTRADA.

A Feira naceu como un vehículo para dar visibilidade aos produtores que recuperaron a tradición ancestral do cultivo da mazá e a producción de Sidra, que tradicionalmente se relaciona con comunidades como Asturias ou País Vasco, e sin embargo ten en Galicia feria sidra3unha histórica tradición que se perdiera esquezida durante moitos anos  e que dende hai varias décadas rexurdiu con forza.

Na IV edición, a Feira da Sidra, pretende constituirse como un referente rexional e nacional no que a produción de mazá, elaboración e exportación de Sidra se rifire e facer da Estrada, a referencia desta  tradición recuperada e dunha actividade económica que comeza a ter una valor engadido máis aló do artesán e familiar.

De feito, moitas terras de labranza da comarca da Estrada, foron elexidas para instalar plantacións de ensayo de variedades de maceiras ou crear programas piloto de plantacións, gracias ao investimento de fondos europeos a través do proxecto Cernes, así como outras accións cuxo obxectivo é recuperar este ámbito produtivo e económico.

Para poñer de relieve este traballo e dar visibilidade, non só á intención, tamén os froitos, que cada ano se recollen e medran, a Asociación de Mazá e Sidra organiza esta Feira que xa conta este ano ca súa IV Edición, na que haberá novidades, respecto a outros anos.

O horario da Feira será De 12: 00 a 14.00 e polo serán de  18.00 a 20.00 horas. Haberá carpa instalada na Praza do Concello, onde terá lugar a degustación do xeito habitual.

IMG-20150520-WA0011

Contaráse ca presencia de lagares locais: Lagar de Ribela, Sidra Peroja, LP, Torres de Moreda, Val de Traba, Lagar do Eume, Andaina pro Saude, Fundación producto ecolóxico, CFEA Guísamo

De Castilla y León: Sidra Carral

Desde Asturias: Solleiro

Desde Cantabria: Somarroza, Asociacion Pomologica de Escalante

Desde País vasco:  Astarbe

Este ano non  haberá concurso de Sidra Artesana, sinon que se entregará o Premio Grolo de Oro a unha persoa concreta e elexida para recoñecerlle a labor desenrrolada en prol da promoción, difusión e desenvolvemento da actividade sidrera na comarca.

IMG-20150520-WA0008A organización da Feria conta ca colaboración do Concello de A Estrada, da Xunta de Galicia, Banco Sabadell,  e  Maeloc, a marca de sidra de Estrella Galicia que fai a súa sidra ecolóxica cas mazás  colleitadas nos nosos campos. Gracias a eles a Feria de la Sidra poderá contar cun fin de festa de luxo: A actuación na mesma Praza do Concello de  Carmen Jonhs,  a compositora viguesa que está  a ser toda unha revelación no panorama de compositores gallegos.

Estades todos convidados a participar desta Festa da Sidra e dos nosos productos locais.

Abarca Comunicación

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta