O BNG denuncia que "o PP constrúe en Fernando Conde beirarrúas para os postes da luz no canto de para os veciños e veciñas"

20150520033554Esta é unha nova chapuza dun goberno do PP chapuceiro de principio a fin

Magariños insta ao alcalde en funcións a paralizar a obra

O candidato á alcaldía do BNG-Asembleas Abertas da Estrada, Xosé Magariños, fíxose eco das queixas dos veciños e veciñas do final da rúa Fernando Conde pola chapuceira construcións das beirarrúas desta rúa de entrada á vila.

“Vendo a estampa calquera pode pensar que as beirarrúas que está construíndo a Deputación non son para os veciños e veciñas de Fernando Conde, son para os postes da luz e os sinais de tráfico, chantados no medio e medio da beirarrúa, o que será molesto para os viandantes e especialmente para os que utilicen cadeiras de rodas, carros de nenos, … “. “Neste sentido”, engadiu Magariños, “cómpre recordar que o actual goberno do PP en
funcións comprometeuse a velar polos dereitos das persoas con mobilidade reducida e á vista está que que lles dá igual os dereitos destas persoas”.

Magariños instou ao goberno de López “a paralizar a obra de inmediato para non crear males maiores, e logo un novo goberno liderado polo BNG xa redeseñará a obra en función da comodidade e os dereitos dos veciños e veciñas, non dos postes da luz”.

“O certo é que non saímos do noso asombro cando vimos os postes da luz no medio e medio da beirarrúa”, afirmou Magariños, “isto é unha chapuza, o epílogo dun goberno do PP, que se caracterizou pola chapuza permanente ao longo dos últimos catro anos e o 24M cómpre poñerlle fin”.

O candidato á alcaldía recordou outras “chapuzas” deste goberno liderado por López, “o novo mercado, que aínda hoxe non funciona polos problemas que ten; a praia fluvial de Barcala, unha desfeita medio ambiental sen precedentes no noso concello; o campo de fútbol, que deu problemas desde o primeiro día; etc, etc, etc…”. “Non estamos a falar dunha cousa soa”, engadiu Magariños, “son moitas, o que demostra que este goberno non ten un deseño para A Estrada, improvisa e logo os veciños e veciñas sofren as consecuencias”.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta