A Estrada acollerá o primeiro certame A Devesa dos Pícaros

01A Estrada acollerá a primeira edición do certame «A Devesa dos Pícaros» organizado polas agrupacións Tequexetéldere (A Estrada), A Mámoa de Luou (Teo), A Ponte Vella (Teo), Asociación Obradoiro Volanteira (Cambados), Mar de Arousa (Vilagarcía) e Nós de Sobradelo (Vilagarcía).

O lugar elixido será o curro de Sabucedo con aforo para 2000 espectadores que poderán asistir de valde, o sábado 13 de Xuño ás 12:00 horas. O certame servirá de encontro para os rapaces e rapazas entre 4 e 12 anos das escolas destas seis agrupacións. Así participarán sobre 300 cativos.

A intención destas agrupacións é facer dous encontros anuais, cada un cunha sede distinta ata que todas acollan o certame e volver comezar. Aínda que o certame se celebre nesta ocasión en A Estrada a organización corre a cargo de todas as escolas participantes.

Esta entrada fue publicada en Cultura, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta