Xosé López prioriza obter un compromiso firme da Xunta para autovía no novo mandato

09Xosé López, alcalde en funcións, espera que tras a aprobación da entrada de A Estrada na área metropolitana de transporte público de Santiago, se poida firmar o convenio o próximo mes de Xullo entrando así xa en vigor o que suporá un aforro do 50% aos usuarios deste transporte público.

López destacou entre as prioridades do seu novo goberno acadar un compromiso real e firme por parte da Xunta de Galicia con A Estrada para a licitación da autovía, coa posibilidade de realizala en varios tramos.

O rexedor tamén quixo poñer en valor a obra da Casa das Letras que foi realizada polo «segundo obradoiro de emprego consecutivo que consigueu este goberno», destaca, dando así solución a un problema de máis de 15 anos, dándolle á biblioteca un espazo propio.

En canto as críticas que está suscitando esta nova instalación López cre que son críticas puntuais que poden acontecer con calquer novo servizo, pero tamén está seguro «que a xente comprende que a posta en marcha dunha infraestructura como esa require un periodo de adaptación».

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta