O PSOE denuncia que o goberno municipal usa os vehículos de protección civil para que empresas amigas os usen nas obras que teñen contratadas

Liripio xuño 15Suplementar o pago a unha empresa contratada por unha vía que sexa unha modificación do contrato realizado vulnera a lei 

Os socialistas da Estrada pedirán explicacións ao alcalde José López e ao responsable da coordinación do grupo de  protección civil e emerxencias sobre o servizo que o camión nodriza municipal de transporte de auga e efectivos do grupo de emerxencias realizou o pasado martes día 2 na parroquia de Liripio.

“Segundo o veciños da zona o vehículo municipal trasladouse ao fío do medio día a esta parroquia co obxectivo de levar auga a unha empresa contratada polo concello para realizar o mantemento de viais municipais. O Alcalde e o responsable de protección civil terán que explicar se isto é certo, e de ser así por que temos que pagar os veciños cos nosos impostos este servizo realizado polo grupo de emerxencias do Concello se só beneficia á empresa privada de Lalín que recibiu preto de medio millón de euros do Concello por realizar o mantemento de viais municipais?”, comentou a socialista Louzao.

Os socialistas lembraron que este tipo de actuación por parte do goberno municipal vulnera a lei de contratación pública ao retribuír por dúas vías a unha empresa contratada polo concello para a execución dunha obra, incrementando o lucro da empresa ao pagar Vea setembro 14dúas veces pola realización dun servizo e falseando datos económicos. “Xa non é a primeira vez que o alcalde José López e o responsable de protección civil poñen a disposición de empresas amigas os vehículos de protección civil para executar obras polas que dende o Concello lle paga a estas empresas –como denunciamos no pleno de setembro de 2014-”

A prestación de servizos de emerxencia é obrigatoria en casos de risco grave e inminente e por razóns de seguridade pública, así como a prevención de incendios, que cobra especial importancia neste mes de xuño de altas temperaturas. Por estas razóns, segundo indicaron os socialistas, solicitarán por rexistro copia do parte da actuación referida e un informe do responsable local de protección civil, visado polo Alcalde, no que se indique o motivo da actuación, a instancia de quen se realizou dito servizo, número de efectivos desprazados e vehículos, así como valoración económica do gasto realizado a costa do erario público, e de ser o caso identificación da persoa física ou xurídica que pagará dito servizo, en función da ordenanza municipal que estipula prezo a pagar polos usuarios dos servizos realizados por efectivos de protección civil local.

PSdeG PSOE de A Estrada 

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta