Área de Santiago realiza unha ruta de pesca sen morte para promocionar o turismo nos nosos ríos

rio02Este venres e sábado, Área de Santiago, está a organizar unha viaxe por distintos tramos dos ríos Ulla e Tambre para a súa promoción turística.

Na ruta participan xornalistas, pescadores deportivos e turoperadores que poderán practicar a pesca de troita e salmón na modalidade sen morte.

Durante a viaxe tamén presentarán unha guía informativa sobre pesca fluvial en Galicia que se poderá consultar en www.areasantiago.es/pesca-fluvial en galego, español ou inglés. Este texto actualizarase anualmente ao comezo da tempada de pesca.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada, Turismo. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta