O grupo municipal socialista de A Estrada dá o seu total apoio a que a AXEGA veña para A Estrada

psoe 10Dono defende a deputada socialista, Carmen Acuña, polas preguntas realizadas sobre a AXEGA polas que o alcalde de A Estrada, Xosé López, mostraba o seu enfado ao entender que cuestionaba o traslado do 061 á vila. Xosé Antonio considera que o único que fixo a deputada foi preguntas que teñen lugar pola preocupación duns traballadores que descoñecen o seu futuro.

Falando de responsabilidades e categoría política, as que López facía alusión pola intervención da deputada socialista, Dono respondelle que «ten dous concelleiros no seu grupo que debería pedirlle que se foran de xeito inmediato porque esos sí que non teñen categoría política»

O Secretario Xeral Socialista recomendalle ao alcalde que se enfade polas empresas que están sen cobrar polas obras da AXEGA e por poñer en marcha o centro «dunha vez».

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta