A Estrada Na Rede realizará a cobertura para Nós TV dende A Estrada

NOS TV LOGOFai uns días chegamos a un acordo coa canle Nós TV para realizar a cobertura do noso concello.

A partir de agora, ademais de funcionar como medio de información local na rede, proporcionarémoslle contidos a Nós TV para publicidade, reportaxes e informativos. O informativo local que aglutinará a máis concellos limítrofes comezarase a emitir a partir de setembro.

Aquí vos deixamos o primeiro traballo realizado, un anuncio das festas San Paio que leva emitíndose dende hai varios días.

Durante o verán a canle Nós TV estará a traballar para mellorar a sinal e poder chegar así a todos os estradenses.

Se na vosa zona non se visualiza correctamente, despois de volver sintonizar as canles, podedes notificárnolo no correo web@aestradanarede.net e trataremos de solucionalo.

Esta entrada fue publicada en Empresas e Comercio, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta