Sicixia rodouse na Rapa das Besdas da man de Ignacio Vilar

PELICULA SICIXIAIgnacio Vilar comezou a rodaxe da súa nova longametraxe SICIXIA* na tradicional Rapa das Bestas de Sabucedo.

Esta «historia para escoitar a vida na Costa da Morte” estará protagonizada por Monti Castiñeiras, Marta Lado, Sonia Castelo e Tamara Canosa. A historia contará con outro protagonista moi especial, a Costa da Morte, a través das súas paisaxes, as súas tradicións, a súa xente…

Co fin de captar a súa esencia, a rodaxe prolongarase ata abril de 2016. Con todo, por esixencias do guión, a primeira fase da rodaxe está a ter lugar na popular Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), unha festa que pola súa forza e carácter salvaxe serve de prólogo a unha historia de amor e desamor na Costa da Morte.

Finalmente, o emprego do cinema dixital neste proxecto permitirá ao director Ignacio Vilar experimentar con fórmulas narrativas innovadoras para que as nosas historias sigan a cautivar espectadores dentro e fóra das nosas fronteiras.
Enviámosvos algunhas imaxes da rodaxe.

PELICULA SICIXIA*SICIXIA: substantivo feminino -Astronomía. Posición do Sol, da Terra e da Lúa na que os seus centros están en liña recta.

SINOPSE:

Xiao é un enxeñeiro de son que recorre as vilas e lugares máis recónditos de Galicia na procura dos sons, das xentes e a natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas, e que espertará en Xiao a paixón pola vida, a terra e o salvaxe da Costa da Morte.

Vía Láctea Filmes

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta