A Rapa máis solidaria

Este ano a Rapa das Bestas de Sabucedo celebraba o primeiro curro na tarde do sábado con unha grada completamente chea. Tequexetéldere volveu actuar no curro entretendo ao público antes da entrada dos cabalos.

Na mañá dominical tiña lugar o segundo curro cunhas temperaturas algo máis altas ás do sábado que invitaban a protexerse do sol ao numeroso público que volveu encher as bancadas do curro de Sabucedo.

Xa no luns os aloitadores realizaron o último curro antes da solta dos cabalos de volta ao monte. Foi o día do curro solidario que nesta ocasión iría destinado a Asociación Española contra o Cancro. Este ano bateuse a marca de recaudación neste curro con 7.001 euros grazas a presenza de 1.650 persoas.

A recadación foi entregada polo presidente da Asociación Rapa das Bestas, Pepe Paz, e polo alcalde da Estrada, José López, á presidenta da xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Fina Neira Chao.

Por outra banda, os tres polbeiros instalados en Sabucedo (Guerra, Constante e Porta) e o encargado dos postos de bebida situados no curro (Rey) tamén fixeron unha doazón á familia dun neno afectado polo síndrome de Angelman (descoñecemos a cantidade total).

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta