Os socialistas denuncian queixas dos veciños da parroquia de Vinseiro pola deixadez do Concello

02Abandono do rural estradense por parte do goberno municipal de López Campos 

O tenente de alcalde Juan Constenla comprometeuse cos veciños a dar resposta á súa demanda, pero non voltou a contactar con eles. 

O grupo municipal socialista da Estrada, faise eco do malestar dos veciños da parroquia de Vinseiro ante a falta de resposta e de actuación do goberno de José López.

No día de hoxe veciños de Vinseiro contactaron cos socialistas da Estrada para denunciar que a pesar de ter solicitado ao Concello o desbroce das pisas e camiños parroquiais a maleza segue a medrar impedindo unha adecuada visibilidade nos cruces, a utilización de canalizacións parroquiais, e incluso nalgúns caso a impedir o paso por certos viais.

“Estos veciños atópanse especialmente indignados pola falta de desbroce na canalización que leva a auga de rega á aldea, impedindo o aproveitamento da mesma. O seu enfado é totalmente comprensible, sobre todo cando a falta de choivas dende o mes de maio está a afectar especialmente ás colleitas de patacas e millo, polo que estes veciños de Vinseiro están indignados ante a deixadez do grupo de goberno”, comentou a portavoz socialista Belén Louzao

Lembran os socialistas que por estas mesmas datas de 2014 xa urxiron no Pleno municipal a limpeza do vial que discurre paralelo á canalización de auga para a aldea, para permitir así o uso da auga canalizada. Lamentan que un ano despois a situación sexa similar, “parece que o Tenente de Alcalde e Concelleiro responsable Sr. Juan Constenla non aprende dos seus erros e un anos despois, a pesar fixarse un salario 40.000 euros máis que entón para facer as mesmas funcións, continúe a facer unha nula organización das tarefas propias da súa área de xestión: o rural estradense. Cónstanos que os veciños trasladaron directamente ao Sr. Constenla esta situación e que o concelleiro se comprometeu dar resposta a esta necesidade, se ben nin voltou contactar cos veciños nin puxo remedio a esta situación”

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta