O PSOE denuncia que "a mala xestión do alcalde José López e o seu goberno fan perder á Estrada unha subvención da Xunta de máis de 51.000€

Opsoe 08briga de reintegrar á Xunta 51260,60 € concedidos máis intereses por non executar cando correspondía as obras de mantemento de viais públicos de 2013-2014 

Outros proxectos de arranxo de viais realizados antes das eleccións municipais están sendo pagados con informes de disconformidade da intervención municipal. 

A mala xestión do Alcalde José López e o seu goberno en canto ao mantemento dos viais e camiños do rural obrigan ao Concello a devolver diñeiro de subvencións á Xunta.

“O alcalde José López retrasou a execución do mantemento de varias pistas no rural para facer coincidir o seu arranxo durante a campaña electoral, na súa estratexia de abandono do rural ata vésperas das eleccións municipais a pesar de que sabía perfectamente que esta artimaña prexudicaba aos veciños e facía que o concello perdese o diñeiro por incumprir a as condicións”, comentou a portavoz socialista Belén Louzao

En 2013 o Concello resultara beneficiario dunha axuda de máis de 100.000 euros para mantemento de pistas no rural, sen embargo a realización das obras fóra de prazo, meses despois de que rematase o período de vixencia da axuda, fixeron perder ao Concello este diñeiro. O Concello perdeu o montante total da subvención e veuse penalizado por negarse a devolver o diñeiro do adianto que a Xunta lle tiña realizado, 51260,00 € euros e 1274,00 euros en concepto de intereses de demora.

02“López non cumpriu as condicións para recibir todo o diñeiro pero tampouco devolveu o recibido, este incumprimento fixo que a Xunta clasificara á Estrada como Concello deudor e para tratar de cobrar a débeda existente retivese o pago da subvención concedida para o servizo de prevención de incendios, intentando compensar o impago. Se ben esta non foi suficiente, polo que o Concello continuou figurando como deudor. A estratexia de López Campos logo da denuncia de neglixencia na xestión do Alcalde foi poñer un pleito contra a Xunta, polo que non só temos que pagar os cartos, os intereses se non tamén pagar ao avogado”, explicou a socialista. “Agora ben, unha vez pasadas as eleccións, ante a amenaza legal de que a Xunta retivese novas axudas concedidas o alcalde asina a devolución dos 32453,02 €, máis 637,34 € de intereses, restantes. Todo esto deixa ás claras as artimañas empregadas por José López de cara ás pasadas eleccións municipais, corroborando que realmente os veciños da estrada non lle importan”.

Lembran dende o grupo municipal socialista que hai utros proxectos subvencionados que se executaron fóra de prazo e mesmo outros proxectos de arranxo de viais realizados antes das eleccións municipais que están sendo pagados con informes de disconformidade da intervención municipal. Así mesmo, tamén fan público que en xuño o alcalde e o seu grupo de goberno aprobaron o pago de facturas por valor de máis de 300.000,00 euros en varios expedientes, entre os que máis de 200.000,00 € presentaban informe de disconformidade e reparos suspensivos por parte de intervención.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta