O BNG da Estrada apoiou a manifestación de gandeiros e gandeiras en Santiago de Compostela

BGN 20150717 Manifestación leite SantiagoMagariños insta ao alcalde a pelexar polo sector, entre os que hai centos de veciños e veciñas

Militantes e simpatizantes do BNG da Estrada, encabezados polo portavoz municipal, Xosé Magariños, apoiaron hoxe a manifestación de gandeiras e gandeiros en Santiago de Compostela convocada pola Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego. O concelleiro nacionalista destacou o éxito da convocatoria «porque o sector lácteo galego está ao borde do colapso por decisións políticas que se toman na Unión Europea, mentres o Goberno da Xunta e o Goberno central calan sendo cómplices destas políticas que están levando á ruína a miles de gandeiras e gandeiros».

«Reiteramos a necesidade de que o alcalde estea á altura», engadiu Magariños, «gandeiras e gandeiros da Estrada así o demandan, e esixímoslles que pelexe polo sector como fan os alcaldes do BNG, que foron os primeiros en pedir respostas políticas fonte a esta crise, que non é só do sector, senón que afecta a moitos outros, pero especialmente ao rural galego».

Segundo explicou Xosé Magariños, «o BNG da Estrada comparte as medidas urxentes do sector, e neste sentido queremos que se garanta a recollida de todo o leite producido a prezos que cubran os custes de produción; tamén, que se clarifiquen os movementos do leite e medidas para compensar os desequilibrios dos mercados, entre outras medidas».

Magariños insta ao PP a mover ficha. «A manifestación de hoxe en Santiago foi un rotundo éxito, agora é o PP o que ten que moverse polo sector lácteo galego», afirmou Magariños, «non podemos deixar que esmoreza un sector tan importante para Galiza, desde o punto de vista económico, pero tamén social, porque a fin de contas tamén estamos a falar de empregos».

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Agrogandeiros, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta