Magariños cre que "a iniciativa da posta en funcionamento do centro ictioxenico debe partir do concello"

IMG_2049Xosé Magariños: «é lamentábel que un concello que presume ser un referente de todo o relacionado co salmón, teña un centro deste tipo completamente abandonado, importante para recuperar a pesca do salmón no Ulla, xunto coa mellora da calidade das aguas dos nosos ríos»

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, acusou ao alcalde da Estrada de “pouca memoria a respecto do centro ictioxénico de Vilacriste, Cora, abandonado a monte desde de 2005”.

O nacionalista recordou que “foi o propio alcalde, cando aínda era deputado en 2010, o que presentou unha iniciativa no Parlamento Galego para a posta en marcha deste centro, iniciativa que contou co apoio do BNG, xa que fomos nós precisamente os que en reiteradas ocasións alertamos sobre o abandono do centro ictioxénico, a última en plena campaña das municipais”. “Cinco anos despois desa iniciativa e dez da súa inauguración o centro segue parado, pero deteriorándose cada día máis e non só pola natureza, senón
polos actos vandálicos que denunciamos en máis dunha ocasión”, engadiu o concelleiro.

Xosé Magariños explicou que “é lamentábel que un concello que presume ser un referente de todo o relacionado co salmón, teña un centro deste tipo completamente abandonado, importante para recuperar a pesca do salmón no Ulla, xunto coa mellora da calidade das augas dos nosos ríos.” «O que debía servir para repoboar os nosos ríos de salmón e troita, o único que medra alí desde a súa inauguración en 2005 son silvas e toxos”, afirmou o
concelleiro nacionalista.

IMG_2059Por outra parte, o concelleiro do BNG criticou a pasividade do alcalde neste asunto. “Non pode agardar a que a Xunta faga algo, a administración autonómica non vai facer nada se o alcalde non llo pide, o alcalde ten que presionar á consellaría para que isto sexa unha realidade, se é que realmente lle interesa, por suposto”, indicou Magariños, “fágase merecedor do soldo que gana e poña en funcionamento o centro ictioxénico tendo en
conta a opinión das sociedades de pesca da localidade, que a fin de contas, son que coñecen mellor as necesidades dos nosos ríos.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta