O PSOE solicita unha reunión para analizar a mellora da accesibilidade ao Centro de Saúde

psoe 06Os técnicos indican que a rampla de acceso si é posible, como sempre defendemos os socialistas 

O grupo municipal socialista solicitou unha reunión co concelleiro delegado e os técnicos municipais para analizar as obras necesarias para a mellora da accesibilidade ao centro de saúde.

Dende que os socialistas rexistramos no mes de marzo unha moción pedindo diversas reformas para mellorar a accesibilidade no Centro de Saúde da Estrada, tales como a creación dunha rampla de acceso para camillas e para persoas con mobilidade reducida ou a adaptación do espazo diante do centro para que as ambulancias non se vexan na obriga de parar na carretera, o PP do alcalde López Campos modificou en distintas ocasións a súa postura ao respecto.

“Primeiro dixeron que non era posible facer a rampla de acceso solicitada polos socialistas e despois colocaron uns pivotes para impedir o acceso de vehículos ao espazo que existe diante do ambulatorio. Como xa denunciamos nin é certo que non se poida facer a rampla nin a solución para facilitar o traballo das ambulancias e o acceso das familias con pacientes pasa por atrancar con pivotes a entrada. Todo o que fixeron ata o de agora queda claro que nada máis foi unha improvisación de cara á galería para salvar a súa imaxe ante os votantes, pois non foi ata mediados xullo cando elaboraron o anteproxecto de melloras, de data 15 de xullo”.

O anteproxecto elaborado para a mellora da accesibilidade no centro de saúde recoñece que si e posible crear a rampla de acceso tal e como dixemos os socialistas e marca a posibilidade habilitar una vía de servizo diante do centro. Dende o grupo socialista, á vista do anteproxecto realizado seguindo os criterios técnicos, pedimos unha reunión a efectos de analizar o mesmo e para propoñer incorporacións que garantan a accesibilidade de todas as persoas e que os profesionais das ambulancias poidan facer o seu traballo con seguridade fóra da carretera, ao tempo que se permite ás familias acceder a un espazo axeitado cos vehículos particulares para facilitar a accesibilidade dos pacientes.

Ata o de agora o goberno de López Campos improvisou ante a necesidade de facer reformas na accesibilidade ao centro de saúde, “Improvisou o alcalde cando dixo que a obra se ía facer pola empresa contratada para a obra da Avda. de Santiago e improvisou o concelleiro cando dixo que ían ser os operarios municipais. Agardamos que agora se comprometan realmente e concreten a execución”

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta