En Setembro porase en marcha o Viveiro de Empresas

Escudo.novoDende a Concelleria de Promoción Económica comunicase que para a posta en marcha do viveiro de empresas de cara ao mes de setembro é necesario que as persoas interesadas en ocupar un dos postos deste espazo do Edificio Municipal do Novo Mercado pasen polas oficinas do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada ou pola Alcaldia do Concello para cumprimentar un cuestionario e facilitalos seus datos de cara o inicio da organización do viveiro de empresas e á elaboración do regulamento interno de funcionamento.

O que se pretende é definir a mellor maneira de ocupar os dez postos de traballo que hai no viveiro favorecendo un espazo de traballo común e de convivencia e o contacto directo acelerando o desenvolvemento das empresas que sexan beneficiarias.

Con toda a información recabada elaboraranse uns pregos de condicións que se farán públicos e se dará un prazo de presentación aos candidatos solicitantes para logo ser valorados por unha Comisión Técnica e poñer a andar e a rodar este  espazo do Novo Mercado dedicado ao  coworking.

Os emprendedores que teñan interese en ocupar un posto de traballo no Viveiro  deberán pasar polas oficinas da Fundación Cultural, chamar ao teléfono 986570997 ou ben enviar un mail ao enderezo electrónico aedlestrada@gmail.com onde se lles facilitará o dito cuestionario.

Concellería de Promoción Económica de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Empresas e Comercio, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta