Este venres 4 o mellor Folk chega a San Xurxo de Vea

san xurxo de vea setembro 2015 compriA comisión organizadora do Festival “NOITE FOLK” de San Xurxo de Vea quere, mediante a presente nota de prensa, recordar que dito festival se celebrará a noite do venres 4 de Setembro do presente ano.

Está previsto que o festival de comezo sobre as 22:30 horas, e a partir desa hora actuaran os seguintes grupos:

Os Esfolladores, de Illobre
Xuntanza dos Regatos, de Orazo.
Os Regatos, de Callobre.
Tanto Nos Ten, de Redondela.

O Noite Folk segue a manter o seu principal sinal de identidade, que non é outra mais que a de facilitarlle a grupos de A Estrada e arredores unha data mais para que poidan facer gala do seu bo traballo enriba do escenario. Mostra dilo e que en tódalas edicións do Noite Folk os grupos locais foron como mínimo a metade do cartel, e neste quinto aniversario non podíamos pasar por menos.

Os primeiros grupo en actuar ven dende as veciñas terras da Comarca do Ulla, mais concretamente de Illobre e son Os Esfolladores. É un grupo, que segundo as súas verbas, gústalle a carallada e facer festa, e para iso actuaran a pe de campo. Dispoñen dun repertorio folk tradicional; compostos a base de temas coñecidos por tódolos asistentes co cal será sinxelo que consigan que lles botemos unha man a cantar algún que outro tema. Non descartando que lle haxa que botar unha baila a algún dos esfolladores.

Seguidamente actuaran A Xuntanza dos Regatos, que serán os encargados de estrear o escenario e o equipo de son. Veñen dende Orazo, e son uns grandísimos coñecedores e
defensores da nosa música tradicional, sendo os encargados de organizar durante anos o
Manguelo Folk, todo un referente dos Festivais de Música Folk.

Os terceiros en actuar serán Os Regatos de Callobre. Grandísimos músicos e grandísimas persoas e moi bos amigos desta organización. Son o único grupo que pode dicir que actuou en tódalas edicións do Noite Folk, e seguírano facendo mentres se celebre o festival. Pois é un grupo que colabora e colaborou de xeito moi activo con este festival, dende o momento en que so era unha idea. E se o Noite Folk é unha realidade en gran medida é gracias o apoio que nos prestou sempre Os Regatos, especialmente o seu líder José Tato e o seu técnico de son Dani Abalo.

O último grupo en actuar, polo tanto os encargado de poñer o broche de ouro o festival serán Tanto Nos Ten, que chegan dende terras de Redondela. Consideramos que o
esforzo que fixo esta organización por telos no Noite Folk vai a valer moito a pena. E un grupo que combina a perfección o estilo mais clásico da música folk con letras revolucionarias e modernas cargadas de críticas sociais. Por este motivo é un grupo que gusta a un amplo abano de público.

Como nas pasadas ocasións o festival celebrarase non campo da festa de San Xurxo  e Vea, contaremos con pulpeiro a cargo de Pulpería Constante, posto de bocadillos, postos de
artesanía e Cantina a cargo da organización e con prezos acordes os tempos de crise nos que vivimos.

A pesares de que nun principio non estea previsto a acampada, a zona permíteo, así que se a alguén lle apetece traerse a tenda e quedar a pasar a noite en Vea e desfrutar do fin de semana de festa que se poderá desfrutar en San Xurxo de Vea non terá ningún tipo de
problema.

Aínda que o Noite Folk de San Xurxo de Vea, sexa un festival moi xoven, dende a organización, estamos a traballar con moitas ganas para que siga a medrar pouquiño a pouco e se converta nun referente do folclore tradicional o igual que xa o son outros festivais da zona, como poden ser As Nosas Músicas de Couso, ou o Folk de Raíz de Callobre. Festivais que tomamos como exemplo a seguir, e dos cales aprendemos moito edición tras edición.

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta