O BNG solicita melloras na seguranza vial preto do enlace coa estrada que vai a Guimarei, Cereixo e Vinseiro

BNG1Os nacionalistas rexistran iniciativas no Congreso e no concello demandando medidas de seguranza no último tramo da Avda Benito Vigo en dirección Lalín

O BNG leva ao Congreso a mellora da seguridade vial no último tramo da N-640 en dirección Lalín, á altura do enlace coa PO-2016 que leva á parroquia de Guimarei, Cereixo e Vinseiro e que leva tamén a Forcarei.

“Non foron poucos os veciños e veciñas que se puxeron en contacto co BNG para demandar melloras nese tramo da estrada, ao final da Avda Benito Vigo”, explicou o portavoz municipal dos nacionalistas, Xosé Magariños. “Hai que ter en conta”, engadiu, «que os vehículos alcanzan unha velocidade considerábel logo dunha recta cunha pronunciada pendente, e é un tramo onde periodicamente hai accidentes, especialmente na rotonda das Colonias”, engadiu.

“Con esta iniciativa que rexistramos no Congreso”, explicou, “pretendemos que o goberno central implante medidas de seguranza vial nese tramo (bandas rugosas, semáforos, etc) para diminuír a velocidade dos vehículos e evitar accidentes, e ao mesmo tempo instamos ao Ministerio a que estude a posibilidade dun paso de peóns nesa altura para que os veciños e veciñas de Guimarei poidan cruzar ao casco urbano con total seguridade”.

O BNG tamén rexistrará unha moción no concello para que o pleno solicite formalmente estas medidas de seguranza. “Consideramos que o concello tamén se debe implicar na solicitude da mellora da seguranza vial deste tramo, xa que son os propios veciños e veciñas os quen o solicitan, e non se entendería que o concello ficara á marxe desta demanda veciñal”, indicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta